Unha escultura de Asorey volverá a Galicia para a primeira gran exposición internacional do Xacobeo 21

A Consellería de Cultura pechou un acordo coa Casa de Galicia en Montevideo para exhibir a ‘Santa’, escultura en madeira policromada de Francisco Asorey, que volverá a Galicia por primeira vez en case 70 anos para ser exhibida na mostra ‘Galicia, un relato no mundo’, a primeira das grandes exposicións internacionais con motivo do Xacobeo 2021, que será inaugurada no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura o próximo 14 de novembro.
Ir a la fuente
Author: