Oliver Laxe, contento polos nomeamentos aos Goya: «Xa non pode dicir que o noso cinema non o ve ninguén»

O éxito de crítica e de público de ‘O que arde’ xa se cobrou o seu peso en nomeamentos para os Goya, en concreto as de mellor película, director, actriz revelación e fotografía. O propio Oliver Laxe trasladou nunha entrevista con Europa Press a súa «alegría» pola noticia, xa non só porque a cinta opte aos premios en si, senón pola conexión alcanzada entre os espectadores e ese espello da Galicia rural.
Ir a la fuente
Author: