O PSdeG impulsará a convocatoria da Deputación Permanente para que Feijóo «dea conta» da situación de Corina Porro

O portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou este domingo que o seu partido impulsará este luns que os grupos da oposición soliciten a convocatorio da Deputación Permanente para que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, «dea conta» da situación da exalcaldesa de Vigo Corina Porro, que foi nomeada delegada do Goberno galego na cidade olívica.
Ir a la fuente
Author: