O grupo de expertos sobre lumes receita profesionalizar brigadas municipais e reforzar o servizo no sur

O grupo de expertos sobre incendios forestais elixido polo Parlamento galego expuso este mércores as conclusións do seu informe, no que inclúen receitas como: un novo modelo de brigadas municipais que pase pola súa profesionalización; remodelar o servizo de prevención e extinción co reforzo na zona sur na que hai máis incendios; incrementar a coordinación entre administracións; recuperar os avións de carga en terra; así como potenciar a vixilancia disuasoria co uso de grupos de voluntarios.
Ir a la fuente
Author: