Fiscalía demanda a Audasa polo cobro «abusivo» da peaxe durante as obras da AP-9

   A Fiscalía de Pontevedra presentou no xulgado do Mercantil desta cidade unha demanda de xuízo ordinario contra a concesionaria da AP-9, Audasa, en exercicio de acción colectiva de cesación en defensa dos consumidores e usuarios, polo que considera prácticas «abusivas» da empresa, que cobrou as peaxes íntegras pese ao deficiente servizo que estaba a prestar durante «polo menos tres anos», que duraron as obras de ampliación do vial na contorna da ponte de Rande.
Ir a la fuente
Author: