Condena a tres anos de prisión a Correa e Crespo por contratos en Xerez

A Sección Segunda da Sala do Penal da Audiencia Nacional condenou aos líderes da trama Gürtel, Francisco Correa e o galego Pablo Crespo, a tres anos de prisión polas irregularidades nas adxudicacións concedidas polo Concello de Jerez de la Frontera (Cádiz) para a súa participación na Feira Internacional de Turismo en 2004. Así mesmo, o tribunal absolve a cinco funcionarios deste consistorio por prescrición do delito.
Ir a la fuente
Author: