Caballero (PSdeG) suxire a Feijóo que «se dea de baixa» do PP se «permite a entrada» de Vox na Mesa do Congreso

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, suxeriu que se o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é «coherente coas súas palabras», deberá «darse de baixa do PP» se os deputados do seu partido «permiten a entrada de Vox» na Mesa do Congreso durante a sesión constitutiva das Cortes, que se celebrará este martes.
Ir a la fuente
Author: