A Xunta propón cambios no convenio con Audasa para que «nunca máis» haxa alzas extraordinarias en peaxes

A Xunta presenta este luns ante o Ministerio de Fomento unha proposta de cambios no actual convenio con Audasa, a concesionaria da AP-9, co obxectivo de que «nunca máis» haxa subidas extraordinarias de peaxes, á vez que demanda que se realicen descontos do 25% en traxectos de ida e volta durante o mesmo día. Así, quere que todo iso se faga a cargo dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE nas súas siglas en castelán).
Ir a la fuente
Author: